Aberto o prazo de matrícula para a proba libre de idiomas do CUID da UNED

Para acreditar as competencias lingüísticas dos niveis B1 e B2 de inglés e B1 de francés

O Centro Universitario de Idiomas a distancia (CUID) da UNED abriu o prazo de matrícula para a realización das probas libres de idiomas que acreditan as competencias lingüísticas segundo as directrices do Marco Común Europeo de Referencia (MCER) para as linguas. En concreto convocáronse os exames correspondentes aos niveis B1 e B2 de inglés e B1 de francés, aínda que se poderán realizar probas para outros idiomas e niveis en función da demanda.  O prazo de matrícula finaliza o próximo 30 de maio.

A proba consta de dúas partes, unha escrita, que se realizará o 6 de xuño en toda España nos centros que estableza a universidade, e outra oral, que se realizará on line mediante a aplicación informática E-Oral.

O certificado que recibirán os estudantes que superen ambas as dúas partes conta co selo de calidade CertACLES, recoñecido por Cercles (Confederación Europea de Centros de Linguas no Ensino Superior) e avalado pola CRUE (Conferencia de Reitores de Universidades Españolas), o cal supón unha validez case xeral no sistema universitario español e boa parte do europeo.

Pode acceder á información completa na páxina web do CUID .