A UNED de Lugo, dentro do proxecto “NaturalMente”, oferta 5 cursos de extensión universitaria

O Centro Asociado á UNED en Lugo, en liña coa súa misión en valores, presentaba o pasado mes de xaneiro o proxecto NaturalMente (Proxecto RSC UNED LUGO NaturalMente). Dito proxecto ten como principais obxectivos o fomento da sensibilización cos problemas do desenvolvemento e da sustentabilidade ambiental, a posta en valor do patrimonio ambiental da contorna do Centro Asociado e do seu tres Aulas Universitarias (Foz, Monforte de Lemos e Viveiro), o coñecemento do cambio climático e a loita contra o mesmo e contribuír á divulgación e comunicación da Axenda 2030 e os seus 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) ao conxunto da Comunidade Universitaria e á provincia de Lugo.

Trátase dun cambio de filosofía de traballo no propio Centro Asociado e aspírase a ser todo o ambiciosos que se poida para estender este xeito de traballar a outras administracións, empresas e a toda a poboación da provincia de Lugo.

Ao abeiro do mesmo, desenvólvense moitas actuacións que se recollen no documento citado anteriomente. Entre elas podemos destacar as seguintes actividades que se ofertan, en moitos casos de xeito totalmente gratuíto. Estas actividades tratan de sumar para construír unha provincia máis sostible.

  • XORNADA OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTENIBLE (AXENDA 2030), SOSTENIBILIDADE E COMUNICACIÓN: esta actividade ten como fin dar a coñecer a axenda 2030 e os seus 17 obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS). Actividade organizada en colaboración co Campus Noroeste da UNED.Gratuíta, entregarase certificado aos asistentes presenciais e aos asistentes virtuais que realicen un resumo das palestras. http://extension.uned.es/actividad/idactividad/21900
  • SIMPOSIO CAMBIO CLIMÁTICO: O noso MUNDO, O noso FUTURO. ODS 13: foro de difusión e divulgación dos problemas aos que se enfronta a sociedade actual en relación ao clima. Gratuíta para oíntes (sen certificado). Con certificado e créditos (30€). http://extension.uned.es/actividad/idactividad/21629

Se está interesado/a na realización dalgún destes cursos pode formalizar a matrícula en cada unha das ligazóns indicadas.