Rectificación do calendario previsto para a convocatoria de concurso de prazas de profesor titor no Centro Asociado de Lugo

 
Sendo recibida  unha modificación do calendario e normas de procedemento para os centros asociados e departamentos, procédese á modificación do calendario previsto para a convocatoria de concurso de prazas de profesor titor no Centro Asociado á UNED en Lugo para o curso 2018/2019:
 

  • Antes do 26 de xullo de 2018: resolución das reclamacións interpostas.
  • Antes do 1 de outubro de 2018 : publicación da relación definitiva dos candidatos seleccionados.

Comunícase isto a efectos informativos, advertindo que  as datas  poderán sufrir modificacións debidas a imprevistos de forza maior, polo que se recomenda aos candidatos consultar a páxina web do Centro Asociado.

Na páxina de Convocatorias pode consultarse  o proceso para a resolución das 7 prazas de Profesor-Titor convocadas para o  curso 2018/2019.