Aula Universitaria de Viveiro

Na nosa Aula universitaria, ademais de contar con servizo administrativo (información, realización de matrículas, asesoramento becas, certificacións, carnés de alumno, compulsas,…, impártense titorías presenciais do Curso de Acceso para maiores de 25 e 45 anos e a través de videoconferencia e webconferencia dos outros grados que oferta a UNED, previa petición dos alumnos.

Dispoñemos dunha Biblioteca con sala de lectura, servizo de préstamo en domicilio e préstamo interbibliotecario, acceso a Internet e WI-FI.

Os matriculados na UNED, e toda persoa que o desexe, poden asistir aos interesantes cursos de Extensión Universitaria que se ofertan durante o curso académico, así como aos Cursos de Verán, para ampliar os seus coñecementos en distintos campos.
Máis información sobre a programación de Extensión Universitaria da Aula de Viveiro

Datos de contacto

  • Enderezo: Avenida de Cervantes s/n. Claustros Igrexa de San Francisco. 2750 Viveiro.
  • Teléfono: 982.563601
  • FAX: 982.551692
  • Correo electrónico: viveiro@lugo.uned.es
  • Blog: http://aulaunedviveiro.blogspot.com
  • Facebook: https://www.facebook.com/UnedViveiro
  • Horario de secretaría en período lectivo: Luns a venres de 9:00 a 11:00 h. e de 16:00 a 21:00 h.
  • Horario de secretaría en período non lectivo: Luns a venres de 8:30 a 14:00 h.
  • Horario de titoría: De 16:00  a 21:00.
  • Horario de biblioteca en período lectivo: Luns a venres de 16:30 a 21:30 h.
  • Horario de biblioteca en período non lectivo: Luns a venres de 9:30 a 13:30 h.

plano-viveiro

UNED – Viveiro

viveiro-1

Enderezo: Avenida de Cervantes s/n. Claustros Igrexa de San Francisco.
Teléfono: 982.563601
Correo electrónico: viveiro@lugo.uned.es

Galería de imágenes