Praza de prácticas extracurriculares para os alumnos matriculados no Centro Asociado de Lugo no curso 2017/2018 no grao de Enxeñaría Informática

O COIE da UNED de Lugo, a través do Convenio de Cooperación Educativa entre o CENTRO ASOCIADO DE LUGO e a entidade ESFERA PENITENCIARIA, convoca, con data 05 de abril de 2018, unha praza de prácticas extracurriculares para os alumnos matriculados no Centro Asociado de Lugo no curso 2017/2018 no grao de ENXEÑARÍA INFORMÁTICA, con posibilidade de incorporación laboral a posteriori. Para poder acceder a estas prácticas é necesario ter o 50% dos créditos aprobados no devandito grao. Dispón de toda a información nos seguintes documentos: