“SIMPOSIO POLITICA POP: leccións internacionais para unha nova era”

O próximo xoves 19 de abril comezará no Centro Asociado da UNED en Lugo a primeira edición do “SIMPOSIO POLITICA POP: lecciones internacionales para una nueva era”.
Unha serie de especialistas internacionais abordarán temas de rigorosa actualidade para entender cara a onde se move o mundo: as claves da chegada á presidencia de Donald Trump, as consecuencias que implica o Brexit, os novos fenómenos políticos como o caso Macron en Francia (persoalización, storytelling e candidatos outsider na UE), o milagro de Portugal ou o papel das axencias de intelixencia no taboleiro mundial, o caso Facebook-Cambridge Analytica (redes sociais, fake news, espionaxe entre estados…) serán algúns dos moitos temas a tratar.
O formato de realización consistirá en charlas divulgativas dinámicas e será emitido en directo ou en diferido a través de STREAMING.
Este curso conta coa solicitude de 0.5 créditos ECTS.
Dispón de toda a información en http://extension.uned.es/actividad/16823&codigo=NUEV e dos vídeos de presentación do curso en https://vimeo.com/unedlugo.