Esta semana continúan na UNED de Lugo as actividades preparadas con motivo do Día Internacional da Muller

Do 24 ao 25 desenvolverase a segunda edición das Xornadas aprendendo feminismo: Ecofeminismo. ODS 4. Como na anterior edición, nestas xornadas seguirase indagando no papel e na situación da muller no medio rural. Nesta actividade  participarán docentes e profesionais, todas elas mulleres, como Araceli Serantes Pazos, Rosa Arcos Caamaño e Mª Carmen Díaz Simón, entre outras. Será unha actividade gratuíta (sen certificado).

O mesmo xoves 25  presentarase tamén no Centro asociado o libro Una mujer de Prahova: Historias de vida y exclusión social en la diáspora rumana por José López Riopedre.

Paralelamente, continúa nas instalacións do Centro a exposición de pintura Confinadas: mulleres na pandemia, de Anama (Ana Rodríguez). Poderá visitarse ata o 26 de marzo.