A UNED de Lugo participa un ano máis no Taller de Boas Prácticas de Centros Asociados

Na súa oitava edición, este taller busca compartir experiencias de éxito levadas a cabo nos diferentes Centros Asociados da UNED, que sirvan de referencia ao resto, e contribuír á mellora xeral do Sistema de Garantía Interna na Xestión (SGICG-CA), así como pór en valor os logros alcanzados por estes durante os últimos anos.

A UNED de Lugo participa nesta ocasión coa súa Boa Práctica #Lugonaturalmente, Premio do Consello Social 2021, que presentarán Ana Belén Traseira Pena, a directora do Centro Asociado e Reyes Rodríguez Rodríguez, coordinadora económica e de calidade do mesmo.

A actividade, que terá lugar mañá martes, 18 de outubro, ás 12:00 horas, será presentada polo vicerreitor de Centros Asociados, Jesús de Andrés Sanz, e pola vicerreitora de Coordinación Académica e Calidade, Nancy Anne Konvalinka. Estará aberta ao público, que pode matricularse de forma gratuíta a través desta ligazón:

https://extension.uned.es/actividad/27529&codigo=TALLER_CALIDAD-BUENAS%20PR%c3%81CTICAS%20202