“Simposio en liña cambio climático: o noso mundo, o noso futuro. ODS 13” celebrado na UNED de Lugo. Enlace ás gravacións e conclusións.

No pasado mes de decembro celebrouse un simposio sobre o cambio climático no Centro Asociado de Lugo. Un foro de discusión e de divulgación no que profesores e investigadores analizaron a situación presente do noso planeta de forma realista e sensata, dende diferentes perspectivas.

A gravación do curso está dispoñible para visualizar en aberto en Youtube nos seguintes enlaces:

As conclusións deste evento científico expóñense a continuación:

Mércores, 9 de decembro

CONFERENCIA: O cambio climático: escenario presente e futuro ODS13

Prof. Dr Rubén Diaz Sierra Profesor Universitario en Graos de Física, Matemáticas e CC Ambientais (UNED). Investigador en modelización en ecoloxía vexetal, avaliación ambiental e cambio climático.

– A “Emerxencia climática” non é un problema, é unha “era” en termos sociais, produtivos e económicos, un cambio global que nos vai marcar como civilización.

– Existe unha base científica sólida que indica que estamos abocados a ese cambio, que ademais será máis rápido do que é creemos, afectando á base física da nosa civilización. A humanidade é ecodependente e sufrirá impactos a todos os niveis: clima, seguridade alimentaria, migracións, estabilidade social, saúde, etc.

– O Cambio climático é unha realidade e un reto a nivel planetario sen precedentes. Pero a gravidade dos impactos futuros é función das emisións que fagamos a partir de agora.

– Os Ciclos de realimentación social son fundamentais na mitigación-adaptación do Cambio climático, pódense destacar algúns puntos de acción prioritaria:

  • Eliminar as subvencións aos combustibles fósiles.
  • Desincentivar os produtos financeiros ligados aos combustibles fósiles, desvelar os principios éticos e morais dos combustibles fósiles e como afectan á desigualdade e á xustiza entre xeracións
  • Reforzar a educación, o compromiso climático e o acceso a datos transparentes

-Para afrontar un futuro cambiante é esencial estar ben informados, preparados e demandar dos nosos gobernantes accións efectivas.

CONFERENCIA: “O quentamento global e as súas consecuencias. O desxeo”

Pablo Tejedo Sanz. Licenciado en Ciencias Ambientais e Doutor en Ciencias pola Universidade Autónoma de Madrid. Durante os últimos dez anos compatibilizou a súa actividade docente e laboral coa investigación do impacto humano na Antártida.

– O quentamento causado polas emisións de orixe humana dende o período preindustrial ata a actualidade durará de séculos a milenios e seguirá causando novos cambios a longo prazo no sistema climático, moitos imprevisibles actualmente.

-O desxeo dos glaciares, casquetes polares e o permafrost xera impactos a diferentes niveis: retroalimentar o cambio climático e incrementa a importancia dos seus efectos negativos, altera a estrutura e o funcionamento de hábitats completos, inflúe no aumento do nivel do mar, provoca inestabilidade do terreo en áreas situadas a latitudes elevadas, favorece o inicio e a propagación de grandes incendios forestais, pode liberar organismos patóxenos retidos no xeo dende hai milenios, etc.

– Canto máis esperemos, máis difícil será actuar para previr e remediar o cambio climático. Actuar contra este problema vai ser caro, pero non facer nada tería maiores custos.

– As medidas de adaptación e mitigación do cambio climático teñen vantaxes en diferentes escalas temporais e non todas son inmediatas. Haberá que ser pacientes e perseverar.

– Temos os medios, pero hai que actuar xa. Os científicos crearon unha folla de ruta para toma de decisións e facer fronte ao cambio climático, pero a sociedade e os gobernos teñen que implementala.

CONFERENCIA: Quentamento global e os seus efectos no ecosistema mariño (MPAs).

Carlos Gil Fernández Máster Erasmus Mundus en Biodiversidade Mariña e Conservación. Licenciado en Bioloxía. Xerente de Maremasma.

– A superpoboación (actualmente 8 billóns de persoas) está causando un tremendo impacto negativo en todos os ecosistemas a nivel global e nos ecosistemas acuáticos:

– Sobreexplotación dos recursos mediante a sobrepesca.

– Contaminación debido ao uso dos combustibles fósiles, que emiten dióxido de carbono á atmosfera e que posteriormente se disolve no mar.

– O mar é o principal reservorio de CO2 do planeta, non obstante o exceso de concentración de CO2 a causa dos combustibles fósiles orixina Acidificación (consecuencia: disolución de estruturas biolóxicas de Ca: corais, moluscos e pterópodos; con efectos devastadores a grande escala)

– As implicacións do cambio climático sobre os ecosistemas mariños xa se están a facer patentes: Aumento da Temperatura da auga (principal variable que inflúe sobre o patrón de distribución das especies mariñas). Consecuencia: cambios no metabolismo, nos ciclos de reprodución, na alimentación e nas migracións oceánicas destas especies.

Repercusións: a nivel económico nas pesqueiras

– Ferramentas de xestión: Áreas Mariñas protexidas. Son unha ferramenta de protección a finalidade da cal é que as poboacións dos ecosistemas mariños sufran o menor impacto posible de orixe humana e poidan recuperarse (se isto é posible).

CONFERENCIA: Cicloxénese e correntes mariñas. Un mar de plásticos.

Dr. Tony Butt Doctor en Oceanografía Física pola Universidade de Plymouth. Colabora con diversas ONG´s, como Save the Waves, Surfers Against Sewage ou Surfrider Foundation. Tamén en campañas como The Plastic Project.

– Aínda que é un problema relativamente independente do cambio climático, forma parte da mesma dinámica de ignorar os efectos ambientais do noso modelo de desenvolvemento e consumo, confluíndo nun cambio global que diminúe a nosa calidade de vida e afecta ás xeracións futuras.

– Case todo o plástico que se fabricou dende sempre, aínda existe.

– Fabrícanse máis de 50.000 toneladas de plástico por hora

– A problemática dos microplásticos no mar:

  • eles mesmos son tóxicos;
  • levan outras substancias tóxicas
  • levan especies invasoras
  • Os animais mariños cómeno (morren envelenados, morren de fame).
  • Consecuencia da inxesta: Bioacumulación e Biomagnificación

– Solucións:

  • Solución ideal: non producir máis plástico
  • Bucle pechado: reciclar o plástico que xa existe; crear produtos da mesma calidade, produtos deseñados para reciclar e responsabilidade do fabricante durante toda a vida do produto
  • Economía circular
  • Ser pesado: pedir froita sen bolsa de plástico; pedir auga da billa co menú; pedir o café nunha cunca de porcelana

 

Xoves, 10 de decembro

CONFERENCIA: “Os bosques españois e o cambio climático”.

Prof. Dr. Álvaro Enríquez de Salamanca Sánchez-Cámara Ingeniero Técnico forestal e Doutor en Ciencias Ambientais (UNED). Director de proxectos en Draba Consultoría Ambiental. Profesor asociado do Grao en Bioloxía (UCM). Investigador Colaborador da Facultade de Ciencias e titor do Grao en Ciencias Ambientais

– Os bosques son á vez fontes e sumidoiros de carbono. O balance depende de como se xestione

– Os incendios forestais contribúen ao cambio climático mediante: a emisión de GEI na combustión da biomasa e mediante a destrución de sumidoiros (perda do C secuestrado). O cambio climático está a producir un aumento de risco de incendios na rexión mediterránea

– Os bosques desenvólvense baixo unhas determinadas condicións ambientais, cun papel esencial do clima; se o clima cambia, o bosque tamén cambiará. E algúns bosques como os que coñecemos hoxe en día desaparecerán.

– É moi desexable adoptar medidas para reducir a vulnerabilidade dos bosques e aumentar a súa resiliencia:

  • Ordenación sostible dos bosques
  • Pagamentos por servizos ambientais
  • Apoio continuo á investigación aplicada á xestión e adaptación
  • Xestión adaptativa
  • Evitar a perda neta de bosques, e perseguir unha ganancia neta
  • Manter a diversidade xenética das poboacións

– O cambio climático é unha ameaza pero tamén pode ser a oportunidade para comezar a valorar a súa importancia, e a inverter nos bosques, como unha ferramenta para mitigalo.

CONFERENCIA: “Economía circular e bioeconomía no sector forestal”.

Mercedes Rois Díaz Investigadora no Instituto Forestal Europeo e Grupo de Investigación de Sistemas Silvopastorales do Campus de Lugo da USC.

– Necesitamos transformar unha economía lineal baseada en combustibles fósiles nun bioeconomía circular para a consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e o Acordo de París.

– A pandemia da COVID-19 urxe a unha reconstrución verde da nosa economía e o noso modelo de vida.

– O uso da madeira aumentará no futuro: construción, téxtiles, embalaxe, químicos, biocombustibles, próteses, alimentación…

– As cidades deben de repensarse e son transformadas en biocidades.

– A bioeconomía é tanto un reto como unha oportunidade para os nosos bosques e o medio rural:

  • Os agricultores e propietarios forestais son pezas clave na bioeconomía.
  • É necesaria a formación a todos os niveis, dende a educación primaria ata a universidade.
  • É indispensable un diálogo entre os diferentes actores: produtores, extensión, investigación, industria, administración, empresas, cidadanía…
  • Requírese unha xestión forestal intelixente climaticamente que vaia dirixida a unha diversificación de especies, unha silvicultura de calidade, onde se garanta a biodiversidade e a resiliencia.
  • Para aumentar o valor engadido dos nosos bosques é crucial o desenvolvemento da industria de 2ª transformación, que proporcione unha diversificación de produtos de calidade.
  • A cooperación do sector forestal con outros sectores (construción, automóbil, téxtil, etc.) é cada vez maior e fomenta a innovación en todos eles.
  • A produción e o consumo local teñen cada vez maior relevancia.
  • A bioeconomía necesita dun maior impulso a través de políticas axeitadas, compra verde pública, colaboración pública-privada…
  • Os pagamentos por servizos ambientais (PES) deberían de pasar a ser habituais, non unha excepción.
  • Necesítase unha maior concienciación social como consumidores finais que leve a un cambio de patróns de consumo e polo tanto un estilo de vida máis sostible.

 

CONFERENCIA: “Cambio climático e Transición Enerxética: retos do futuro (e presente)”.

Nacho Fernández Díaz Licenciado en Física, Máster en Enerxías Renovables e Docente no Máster Universitario en Enerxías Renovables, Cambio Climático e Desenvolvemento Sostible da USC.

– Fontes principais de xeración de enerxía:

  • Biomasa tradicional
  • Carbón
  • Petróleo
  • Gas natural
  • Nuclear
  • Hidroeléctrica
  • Eólica
  • Solar
  • Outras (Mareomotora, Xeotérmica, etc)

– Iniciativas para un futuro sostible: “Decarbonización”: Enerxía, Transporte, Agricultura…

  1. Enerxía: Cambio de modelo enerxético, necesario un mix.

Renovables:

-Marco normativo propio (subastas,PPAs)

-Mellora na eficiencia:

-Necesario almacenamento (Demanda vs produción): Hidróxeno (verde); Baterías; Hidroeléctrica reversible; Coches eléctricos

– Nivel individual: Xeración de Electricidade (solar, minieólica); Xeotermia; Aerotermia; Consumo racional e eficiente, Consumo fontes “verdes”

– Retos do futuro: Reciclaxe, Economía circular

Non renovables (solución a medio prazo)

-Enerxía nuclear

– Cambio de carbón a gas (menores emisións)

-Recursos finitos

-Mellorar eficiencia

  1. Transporte: Cambio de modelo de transporte

– Transporte colectivo e libre de emisións

– Hibridación e electrificación da flota

  1. Agricultura e gandaría

– Intensivo-Extensivo

– Redución lixo

– Km0

 

CONFERENCIA: “A reconstrución postpandemia en verde: áreas, potencialidades e barreiras”.

Prof. Dr. Emilio Luque Polgar Profesor Titular de Medio e Sociedade na UNED.

Sabemos que debemos reparar dalgún modo o inmenso impacto da pandemia. Pero a idea de “recuperar” ou “reconstruír” o anterior non é adecuada, porque implica que o que se recupera ou reconstrúe é o que tiñamos antes (unha economía insostible que nos leva a un cambio climático desbocado). Temos que pensar en reinventar, en “reprogramar”, como a cada vez máis estendida expresión “green reset” implica.

A reprogramación en verde tras a pandemia debe enfrontarse ao cambio climático, dende un pacto interxeracional e unha redefinición do sistema fiscal e das grandes claves da nosa economía.

– O reto de transformación social e política débese afrontar mediante obxectivos concretos, ou ‘misións’, que deben ser:

  • Valentes, inspiradoras, con ampla relevancia social
  • Con rumbo claro: con obxectivos, medibles e acoutados no tempo
  • Accións de investigación e innovación ambiciosas e realistas
  • Innovacións multidisciplinares, multisectoriais e con múltiples actores e alianzas
  • Solucións múltiples e bottom-up

– Administración áxil e creativa

– Os fondos desembolsados aos Estados membros baséanse nos Plans Nacionais de Recuperación e Resiliencia (MRR), que inclúen reformas e proxectos de investimento pública. Os plans deben:

  1. Adecuarse ás prioridades da UE: impulsar o crecemento, a creación de emprego e a resiliencia económica e social
  2. Reflectir os desafíos de cada país: conforme ás recomendacións por país do Semestre Europeo
  3. Apoiar a transición ecolóxica: un mínimo do 37% dos recursos contribúe á acción polo clima e á sostibilidade ambiental
  4. Fomentar a transformación dixital: un mínimo do 20% dos recursos contribúe á transición dixital da UE

– Áreas do “green reset”:

  • Economía circular
  • Multisolución
  • O Hidróxeno no transporte
  • Rehabilitación integral das vivendas.
  • Cada medida debe encamiñarse a resolver varios problemas á vez: principio de multisolución, por exemplo a electrificación do transporte urbano, que reduce as enfermidades asociadas á polución que xeran os motores de combustibles fósiles.