A próxima semana comeza na UNED de Lugo un curso sobre proxectos de biomasa forestal

José Pérez Vázquez impartirá a actividade Introdución á xestión de proxectos de biomasa forestal. Nela, o xerente de Sogos Consulting SLU, introduciranos nun recurso que actualmente se está aproveitando moi pouco na Comunidade Autónoma de Galicia e que se presenta como unha alternativa de emprendemento e de futuro laboral.

Realizarase online, en directo ou en diferido, do 13 ao 17 de xuño de 17:00 a 20:00 horas.

Máis información e matrícula nesta ligazón:

https://extension.uned.es/actividad/26213&codigo=IALGD