Carlos Gil Fernández impartirá na UNED de Lugo unha conferencia sobre biodiversidade e conservación mariña

Co gallo do Día Mundial dos Océanos (8 de xuño), Carlos Gil Fernández impartirá a súa conferencia Biodiversidade e conservación mariña en tempos cambiantes. Nela, o xerente de Maremasma e máster Erasmus Mundus en Biodiversidade Mariña e Conservación, explicaranos sobre a importancia da conservación dos océanos, que producen polo menos o 50% do osíxeno do planeta, albergan a maior parte da biodiversidade da Terra e son a principal fonte de proteínas para máis de mil millóns de persoas en todo o mundo.

A conferencia forma parte do proxecto #PlanetaODS 2.0, Iniciativa galardoada cun premio nacional do observatorio ODS da UNED, cuxo obxectivo é divulgar efemérides socioambientais ligadas á Axenda 2030. A finalidade de #PlanetaODS 2.0, é a de concienciar da importancia de vivir dun modo máis sustentable, reforzando o compromiso das administracións e da cidadanía para alcanzar o dezasete grandes Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) que contribúen a preservar o planeta e facer posible unha vida digna para todo o mundo.

Realizarase online, en directo ou en diferido, o vindeiro xoves 9 de xuño as 18:00 horas.

Máis información e matrícula nesta ligazón:

https://extension.uned.es/actividad/27385&codigo=DDLO