Navidad Sostenible. La UNED de Lugo organiza un taller de decoración de coronas con elementos naturales

 A UNED de Lugo organiza un taller de coroas de Nadal creadas con elementos naturais para reconectar coa natureza. Neste taller, organizado baixo o amparo do proxecto #LugoNaturalMente e en colaboración con Fina Freire, profesional en decoración de Arte Floral Rabel, será impartido os días 14 e 15 de decembro presencialmente no Centro Asociado da UNED de Lugo.

 A creación de coroas de Nadal é un bo momento para reconectar coa natureza. Neste taller empregaremos recursos naturais, como froitos e follas de árbores que deixou o outono ao seu paso, para crear un adorno de Nadal tradicional. O Nadal é unha época de consumo excesivo e non hai mellor maneira de fomentar a reciclaxe e a sustentabilidade que elaborar coroas con elementos naturais que nos ofrece a contorna que nos rodea.

 A actividade terá unha duración aproximada de 3 horas e un importe de 15€ por persoa. Para obter a praza, a inscrición poderase realizar na páxina web da universidade https://extension.uned.es/actividad/idactividad/34791.