A UNED de Lugo recibiu a visita de 15 persoas usuarias de COGAMI

A directora da UNED recibiu a 15 persoas usuarias de COGAMI, que visitaron as instalacións da UNED acompañadas por monitoras e responsables da entidade.

Ana Traseira amosoulles as instalacións da UNED e, posteriormente, compartiu con elas no salón de actos as actividades que desenvolve a UNED na provincia de Lugo, facendo especial fincapé nas levadas a cabo no curso 22-23 dentro do proxecto #UNEDLife, especialmente nas vinculadas ao coidado da saúde e ao deporte. Algún dos visitantes incluso puido recoñecerse nalgunha das pezas audiovisuais compartidas pola directora e correspondentes ao proxecto #PlanetaODSLife.

COGAMI é unha institución que traballa polo recoñecemento e a promoción dos dereitos das persoas con discapacidade, impulsando o cambio social e facendo de interlocutor ante as Administracións Públicas, ademais de ser facilitador da formación e do acceso ao mercado laboral para o colectivo das persoas con discapacidade.

Finalmente, a directora agasallou aos visitantes con merchandising sostible do proxecto #LugoNaturalMente no que se integra #UNEDLife.