Formas das titorías

Webconferencias e Videoconferencias

  • Titoría presencial

    O titor atópase no Centro Asociado da UNED de Lugo no horario indicado no taboleiro de anuncios do Centro ou na páxina web da UNED de Lugo.

  • Titoría mediante conferencia en línea ou webconferencia

    Posibilita que os alumnos asistan á titoría desde as súas casas sen necesidade de desprazarse ao centro asociado. O alumno só necesita dispoñer dun ordenador dotado de webcam e, preferentemente auriculares. Neste caso tamén se garante total interactividade entre o alumnado e o profesor, aínda que a posibilidade de comunicación verbal queda condicionada pola dispoñibilidade de micrófono polo alumno e polo número de estudantes conectados. En todo caso, os alumnos poden comunicarse co seu titor a través dun chat especialmente habilitado. Pinchando neste enlace atopará toda a información relativa á conexión dos alumnos ás webconferencias.

Atopará máis información na páxina web de INTECCA

intecca-2