COIE

QUE É O COIE?

O Centro de Orientación e Emprego (COIE) é un servizo dependente do Vicerreitorado de Estudantes e Inclusión da UNED, encargado de atender á comunidade universitaria a través do COIE central e da nosa Rede de COIEs, repartidos por diferentes centros asociados de España. Desenvolve diversas accións de orientación, formación, inserción e mellora da empregabilidade.

Desde o COIE tamén ofrecemos os nosos servizos ao conxunto da Comunidade Universitaria e á rede empresarial, mantendo o obxectivo de ofrecer axuda para a integración académica e profesional do estudantado.

As áreas de actuación do COIE son:

  1. Orientación académica.. O desenvolvemento destas actividades proporciona ao estudante un marco de referencia na Universidade para facilitar a toma de decisións académicas no seu itinerario formativo e que mellore a súa adaptación á Universidade, estimulando o seu rendemento académico.
  2. Orientación profesional. O desenvolvemento destas actividades céntrase en asesorar na elección dun campo profesional, sendo o COIE un apoio ao proceso de decisión, baseado no coñecemento do potencial do estudante e das posibilidades reais do mundo laboral.
  3. Inserción e desenvolvemento profesional. A xeración destas actividades está destinada a proporcionar apoio na procura de emprego, facilitando información, orientación e formación para incrementar as posibilidades de acceso ao mercado laboral do estudantado graduado e posgraduado da Universidade.
  4. Emprego. A xestión das ofertas de emprego recibidas permite identificar e axustar os perfís profesionais dos candidatos máis idóneos á oferta, baixo os principios de confidencialidade, non discriminación e transparencia da información.
  5. Emprendemento. O asesoramento ao emprendemento mediante actividades de emprendemento universitario que proporcionan ao emprendedor da UNED un conxunto de recursos e medidas para levar a cabo o proxecto empresarial.
  6. Observatorio de Empregabilidade e Emprego. A obtención de datos e elaboración de análises sobre as traxectorias laborais dos egresados da UNED, proporcionando información fiable e actualizada sobre a súa empregabilidade, así como sobre outros indicadores afíns.

Tamén che ofrecemos axuda personalizada antes, durante e despois dos teus estudos:

  • Antes da matrícula. Axudámoste a coñecer mellor o que vas estudar e como facelo e organizalo de forma realista, de acordo cos teus intereses e a túa situación persoal.
  • Durante os teus estudos. Podes acudir ao COIE para aprender a aproveitar mellor os recursos ao teu alcance, utilizar certas técnicas de estudo autorregulado, xestionar o teu tempo de estudo, afrontar mellor os exames e superar dificultades de aprendizaxe no sistema a distancia. Ademais, tamén che podemos facilitar información sobre bolsas, cursos complementarios, oportunidades para estudar no estranxeiro ou realizar prácticas en empresas.
  • Se estás rematando os teus estudos. Informámoste sobre as saídas profesionais do grao no que estás matriculado/a, así como poñemos ao teu alcance un obradoiro de procura de emprego, con información sobre ferramentas e recursos de orientación laboral.
  • Unha vez rematados os estudos. Podemos axudarche na organización do teu plan de procura de emprego e no desenvolvemento da túa carreira profesional. Dispós dunha bolsa de emprego de estudantes e titulados da UNED na que poderás atopar ofertas de prácticas e emprego. Tamén podemos suxerirche como mellorar e actualizar o teu currículo e orientarte para proseguir a túa formación tanto no noso país como no estranxeiro.

Podes consultar toda esta información de forma máis detallada a través da ligazón da páxina do COIE de la UNED

 

COIE Lugo

Informámoslle que, a partir do curso académico 2016/2017, o Centro Asociado da UNED de Lugo conta con este novo servizo de atención ao estudante (Centro de Orientación e Emprego). O noso horario de atención personalizada é os xoves de 16:00 a 20:00 horas.
A través do noso Facebook, COIE Lugo Facebook, iremos compartindo toda a información que lle poida resultar de axuda.

 

COMO CONTACTAR CO COIE?

Para calquera consulta, agradeceriamos que a fixeran a través do cuestionario que aparece na seguinte ligazón:

 http://coie-server.uned.es/mapa/idcentro/41&cconsulta=41

Desde esta ligazón tratarase de responder e solucionar todas as cuestións formuladas polos alumnos, en materia de información e orientación académica e profesional.
Desde o COIE asumirase a información, orientación e asesoramento tanto académico como profesional do alumnado do Centro Asociado.
Colaborarase con empresas, apoiando ao estudante na súa inserción laboral, adoptando as medidas necesarias para iso.
Prestarase axuda ao estudante para aproveitar mellor os recursos que ten ao seu alcance, podendo así afrontar mellor os exames e superar dificultades de aprendizaxe no sistema de educación a distancia.

coie-uned-1