Exposicións
EXPOSICIÓN “XENTES DO SUR DE ETIOPÍA
O Centro Asociado da UNED de Lugo mostrou desde o día 20 de maio ata o día 11 de xuño, a colección de fotografía que leva por título “Xentes do Sur de Etiopía”. As fotografías realizadas por Dª. Mariluz Doval, estudante do Centro, mostráronse ininterrompidamente nas plantas baixa e soto da sé do Centro Asociado.
As fotografías constitúen un percorrido polas distintas etnias que habitan o val do Río Omo. Entre as devanditas etnias destacan os Hamer, os Arbore, os Mursi, os Karo e así ata 15 tribos diferentes. Algunhas contan cunha poboación que supera as 70.000 persoas e outras en cambio non superan o milleiro. Todas teñen o seu dialecto propio, e aínda que ao principio custa diferencialas, todas teñen os seus símbolos distintivos: o peiteado, as escarificacións (pequenos cortes na pel que se infectan para producir debuxos ou adornos), o tinxe da pel cunha base de arxila, as plumas, as pinturas en cara e corpo, etc. Todas son gandeiras, pero desde pequenos están iniciados na arte da guerra. A paz entre estas tribos susténtase con pinzas, e só falta un altercado entre clans, unha seca ou un roubo de gando para que salte a faísca. Afortunadamente os anciáns tratan de tranquilizar estas disputas, establecendo áreas de pastoreo exclusivas para cada tribo.