Biblioteca: Normativa
NORMATIVA DE PRÉSTAMO
Para acceder ao préstamo da Biblioteca do Centro Asociado da UNED de Lugo é preciso pertencer á comunidade universitaria da UNED e ter o carné que o acredite (carné de estudante).
Poderá usar o carné unha persoa distinta ao titular sempre que presente unha AUTORIZACIÓN NORMALIZADA do titular do carné de estudante: Descarga Documento
Condicións e prazos:
Número máximo de préstamos, 2 documentos simultaneamente por usuario (en caso de obras en varios volumes poderían ser 3)
Duración dos préstamos:
- Monografías: 15 días.
- Bibliografía básica: 1 semana.
- Audiovisuais: 1 semana.
Fondos excluidos de préstamo:
- Obras de referencia (diccionarios, enciclopedias, atlas, códigos legislativos,…)
- Publicacións Periódicas
Sancións:
Cada día hábil de atraso na devolución dun libro será sancionado coa suspensión do préstamo por un período de tempo igual ao de demora. O programa contabiliza as sancións tendo en conta os días de atraso e número de documentos prestados.
NORMATIVA DE PRÉSTAMO INTERBIBLIOTECARIO
O préstamo interbibliotecario trátase dun servizo limitado sen custo restrinxido a alumnos/as matriculados no Centro Asociado á UNED en Lugo, os alumnos/as doutros centros deberán dirixirse á súa Biblioteca correspondente para a tramitación de peticións de forma gratuita. Ou ben aboar os gastos de devolución se desexan tramitalas dende o C.A. de Lugo.
Os estudantes de traballo fin de grao (TFG), máster e doutoramento terán dereito a 4 préstamos gratuitos por cuadrimestre, a partir do 5º terán que aboar os gastos de devolución.
O número de peticións por cuadrimestre e por usuario restrinxirase a 4, aspecto flexible se fose preciso, e poderíanse pedir os 8 documentos no mesmo cuadrimestre.
Para os alumnos de máster e doutoramento o número de préstamos é escaso, polo que intentarse solicitar varios documentos á mesma biblioteca prestataria para contabilizar as peticións como unha única petición de préstamo interbibliotecario.
Os usuarios externos, alumnos/as Fundación UNED e antigos alumnos terán que asumir os custos administrativos do servizo (gastos de devolución do documento/os).
RÉXIME DISCIPLINARIO PARA OS USUARIOS
Art. 21. Son infraccións moi graves:
- A subtracción de libros, revistas ou outro material.
- A non devolución dos documentos prestados.
- O uso indebido das instalacións e equipamento da Biblioteca que lle supoñan un prexuízo grave.
Art. 22. Son infraccións graves:
- O deterioro ou perda dos fondos bibliográficos, de calquera tipo e en calquera soporte.
- A reiteración de faltas leves.
Art. 23. Son infraccións leves:
- O incumprimento dos prazos de devolución dos documentos en préstamo.
- A alteración da orde nos recintos da Biblioteca.
NORMAS BÁSICAS DE USO DA SALA DE LECTURA E ACCESO A FONDOS
- Gardar silencio e moderar o ton da voz.
- Silenciar os teléfonos móbiles ANTES de entrar.
- As zonas de lectura e estudo non son aptas para outros usos, tampouco para comer ou beber.
- Os materiais da biblioteca son bens públicos, o usuario será responsable do bo uso e conservación dos documentos e instalacións.
- O carné da UNED, pode ser requirido polo persoal da Biblioteca en calquera momento.
- O acceso á sala de lectura é libre, agás en épocas de exames que se requirirá aos usuarios que desexen utilizar a biblioteca que acrediten a súa condición de membros da UNED.
- A conexión a Internet para usuarios externos estará limitada a unha hora como máximo e non será posible en época de exames.
- A reserva do posto de lectura non poderá ser superior a unha hora.
- Débense respectar os prazos de devolución dos documentos.
- O reiterado incumprimento destas normas privará do acceso aos servizos da Biblioteca.