Acceso a webconferencias

Aínda que o Centro asociado de Lugo ten como obxectivo titorizar presencialmente (é dicir, mediante un titor que se atopa fisicamente no Centro asociado unha vez á semana) a maior parte das materias das titulacións de Grao iso non é sempre posible, sobre todo cando se trata de materias de cursos superiores. Non obstante grazas á potente infraestrutura de telecomunicación que é REDE UNED é posible recibir titorías doutros centros ou mesmo dende o propio centro mediante webconferencia:
  • Webconferencia: Neste caso o titor atopase nunha aula AVIP1+ e mediante unha cámara web e un micrófono emite audio e vídeo. Ao contrario que no caso anterior o alumno pode recibir a titoría no seu ordenador na súa propia casa. Para iso deberá conectarse e validarse no Portal de INTECCA. Ao principio de cada semestre o alumno recibirá un correo electrónico de convite á devandita sala de webconferencia.

Finalmente outro escenario posible (aínda que non o máis frecuente) é a recepción de titorías por streaming. Neste caso o titor estará nunha aula AVIP e posiblemente conectado por videoconferencia con outros centros, pero ademais o vídeo e audio emítese por Internet. O alumno poderá seguir ao titor dende o seu ordenador e disporá dunha aplicación de chat (ao igual que en en webconferencia) para interactuar co titor ou con outros alumnos. Neste caso o alumno recibirá unha dirección de Internet á que debe conectarse para visualizar a devandita titoría.

¿Como saber se unha titoría se imparte presencialmente ou por webconferencia?

O alumno consultará o horario de titorías en Akademos Web ou  en Horarios de titorías e unha vez escollida a titulación e atopada a materia deberá fixarse nas iconas que aparecen. Estas teñen o seguinte significado:

  • iconos-tutorias-3Titoría impartida presencialmente.
  • iconos-tutorias-3Titoría emitida por webconferencia de Intecca ou Teams.

Ademais, se o alumno se conecta ao portal de INTECCA e se valida coas súas claves de Campus UNED poderá obter o listado de materias que pode recibir por webconferencia ao consultar “Mis Citas” unha vez que entra ao apartado de “Webconferencias”.

¿Que pasos debo seguir para poder conectarme por webconferencia?

O documento Guía del Alumno de Webconferencia explica detalladamente como se realiza.

Intecca-1