A UNED de Lugo organiza un curso para aprender a comunicarse con persoas que teñen alzhéimer e outras demencias

As persoas con alzhéimer ou outras demencias presentan dificultades para comunicarse que aumentan a medida que progresa a enfermidade. Establecer con elas unha boa comunicación é fundamental para evitar o illamento ao que a miúdo conduce a enfermidade e favorecer a súa vinculación coa contorna.

Este curso será impartido por M. Carmen Rivas Fernández, titulada universitaria, experta en Transformación Social e Atención Sociosanitaria, directora e docente de accións formativas da Administración, Secretaría do Congreso Autonómico Galego de Medio Ambiente e Saúde. Programa galego municipios saudables e sustentables.

Realizarase online, en directo ou en diferido do 18 ao 21 de decembro de 16:00 a 21:00 horas

Máis información e matrícula en:

https://extension.uned.es/actividad/34643&codigo=SCCPQ