O centro da UNED de Lugo participa na 12ª Olimpíada Solidaria de Estudo

O Centro Asociado da UNED de Lugo participa na 12ª Olimpíada Solidaria de Estudo. Todo o que teñen que facer os estudantes que queiran colaborar é achegarse, ata o cinco de decembro, á Biblioteca da UNED de Lugo, que abre de 9:00 a 21:00 horas. Tamén colaboran como puntos de estudo as Aulas de Foz, Monforte e Viveiro. Con este sinxelo xesto estarán colaborando doando ás súas horas de estudo para apoiar varios proxectos en Haití, entre eles a construción dunha Escola Técnica Superior en Hinche.

olimpiada-estudio