Hoxe celebramos o Día Mundial Do Medio Ambiente!
O lema deste ano 2019 é: #SinContaminacionDelAire
https://www.un.org/es/events/environmentday/index.shtml
Todos podemos poñer da nosa parte para protexer e mellorar o medio!
Na UNED realizáronse accións que contribúen a que a nosa Universidade mellore no cumprimento dos ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible) e así plasmarase no Plan Estratéxico da UNED que se presentará o próximo mes no Claustro.
Pronto teremos dispoñible unha páxina web que recolla as accións que a nosa Universidade levou e está a levar a cabo e que quizais descoñezas:
- Dende a Oficina Técnica de Obras e Mantemento, adscrita ao Vicerrectorado de Economía da UNED, viñéronse implantando dende o ano 2000 sucesivas accións tendentes á mellora da eficiencia enerxética dos edificios da sede central da UNED, á preservación dos recursos naturais e ao respecto co medio.
- En concreto entre 2000 e 2010, implantouse un sistema automatizado de regulación dos edificios, elimináronse o gasóleo como fonte de enerxía e o uso de refrixerantes con potencial de degradación da capa de ozono.
- Dende 2010, viñéronse implantando tecnoloxías e deseños máis eficientes nas instalacións de climatización e iluminación dos edificios, mellorando de xeito continuado as condicións de operación e mantemento destas e incorporando criterios de compra eficiente.
- En datas máis recentes, levaron a cabo as certificacións e auditorias enerxéticas de todos os edificios, creouse o Portal de Datos abertos da OTOM, iniciouse a redacción dun Plan de Xestión Sostible da Auga, redactouse o informe de pegada de carbono da UNED, aprobándose polo Consello de Goberno o seu rexistro, así como a Política de Xestión Enerxética da UNED.
- Estase a preparar o Cuestionario de Sostibilidade de 300 indicadores da CRUE.
- A Biblioteca da UNED conta no seu espazo con iniciativas en responsabilidade social e Biblioteca sostible que se poden seguir:
http://portal.uned.es/portal/page?_pageid=93,49365412&_dad=portal&_schema=PORTAL
Actualmente continúase traballando en diversos obxectivos, entre os que se encontra implantar puntos de recarga para vehículos eléctricos e a redución do consumo de plástico nos edificios.
Avanzámosche que na próxima Comisión de Asuntos Xerais, está prevista a creación do Observatorio de Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) na UNED.
Queremos invitarte a PARTICIPAR en:
- Seminario virtual por un Mundo Verde. Rede Universitaria sobre Cambio climático. 13 e 14 de xuño 2019.
https://www.unadmexico.mx/sitios/redUniversitariaCambioClimatico/
- Xornada “Economía da auga e ODS“ na UNED e os centros asociados”. 11 de xuño de 2019
http://blogs.uned.es/catedra-aquae/eventos-catedra-aquae/
Comunícanos as túas iniciativas, estudios, proxectos e investigación para que poidamos facelas visibles e sumar. E contribúe á mellora do medio e da UNED, recursos naturais, cambio climático, educación, sostibilidade, economía circular…
Grazas pola túa colaboración.