A UNED abre un punto de información no centro da cidade
O luns, 23 de setembro, A UNED inaugura un punto de información no centro da cidade de Lugo. Será no Edificio de Novas Tecnoloxías do Concello na primeira planta (entrada pola parte traseira da Casa do Concello, Praza Anxo Fernández Gómez).
Poderán achegarse a esta oficina aquelas persoas interesadas en saber que se pode estudiar na UNED, onde recibirán información sobre as diferentes titulacións, cursos e actividades que se ofertan nesta universidade. Da mesma maneira, quen o desexe, recibirá axuda e asesoramento para formalizar a súa matrícula na mesma oficina.
O punto de información permanecerá aberto do 23 de setembro ao 10 de outubro, en horario de 10:00 a 13:00 horas pola mañá e de 17:00 a 21:00 horas pola tarde, de luns a venres.