Suspensión provisional de servizos bibliotecarios

 
 
 
Por mor do cambio de sistema de xestión bibliotecaria, do 13 ao 18 de febreiro todas as bibliotecas da UNED suspenderán os servizos de:
 

  • Préstamo a domicilio
  • Préstamo Interbibliotecario
  • Renovacións de préstamos : non se poderán renovar os préstamos, pero lembrade que a partires do día 11 de febreiro a data de vencemento de todos os documentos será o 21 de febreiro e que os préstamos anteriores con data de devolución comprendida nese período tamén se poderán devolver no prazo ampliado.
  • Reservas
  • Consulta do catálogo (OPAC)

Os demais servizos seguirán estando dispoñibles:

  • Sala de estudo e equipos informáticos no horario habitual (8.30-21.00 h.)
  • Consulta en sala de documentos
  • Recursos electrónicos na web UNED
  • Linceo + na web UNED

O segundo semestre comeza o luns 11 de febreiro polo que vos animamos a que aproveitedes as semanas anteriores á suspensión de servizos para retirar os documentos en préstamo coa fin de evitar os habituais problemas de dispoñibilidade das bibliografías básicas.