Amplía as túas fronteiras, estuda idiomas na UNED

Coñecer, conversar ou ter un título dun ou máis idiomas é a chave que pode abrir as portas a un contrato laboral, facilitar a investigación de fontes orixinais ou viaxar sen barreiras, sexa por traballo ou pracer. O CUID da UNED, cos seus 16 idiomas, abre a súa matrícula mañá martes, día 5 de setembro. Ofrece a posibilidade de estudar de forma semipresencial ou totalmente virtual e hai varios niveis para adaptarse ás necesidades de cada estudante. Non fai falta contar con ningunha titulación previa, aínda que se ofrecen probas previas de nivel gratuítas, os únicos requisitos son ter máis de 16 anos e ganas de aprender un idioma.

A UNED anuncia a apertura do período de matrícula para o Centro Universitario de Idiomas a Distancia (CUID) para o curso académico 2024-2025. A matrícula estará aberta desde o 5 de setembro até o 22 de outubro de 2024. Os estudantes interesados poden realizar a inscrición a través da seguinte ligazón: UNED – Estudos de Idiomas. O CUID ofrece unha ampla variedade de idiomas, incluíndo inglés, francés, alemán, italiano, portugués, árabe, chinés, ruso, xaponés, e as linguas cooficiais de España como o galego, catalán-valenciano e éuscaro. Os cursos están dispoñibles en diferentes niveis, desde A1 até C2, adaptándose ás necesidades e coñecementos de cada estudante.

Horarios do Centro Asociado á UNED en Lugo

Para os estudantes do Centro Asociado á UNED en Lugo, os horarios das clases son os seguintes:

  • Inglés A1: Venres, 16:00-17:00
  • Inglés A2: Venres, 18:00-19:00
  • Inglés B1: Mércores, 19:00-20:00
  • Inglés B2: Mércores, 20:00-21:00
  • Inglés C1: Venres, 17:00-18:00
  • Galego (quincenal): Xoves, 17:00-19:00 (A2) y 19:00-21:00 (B1)
  • Chinés A1: Xoves, 20:00-21:00
  • Portugués A2: Venres, 17:00-18:00
  • Portugués B1: Venres, 18:00-19:00
  • Alemán A1: Venres, 17:00-18:00
  • Alemán B1: Venres, 19:00-20:00