Matrículate nos idiomas do CUID ata o 11 de novembro

O vindeiro curso o Centro Asociado da UNED de Lugo implantará os cursos presenciais do CUID (Centro Universitario de Idiomas a Distancia). Os idiomas e niveis que se implantarán son os seguintes:

  • Inglés: A1, A2, B1, B2 e C1
  • Alemán: A1,A2 e B1
  • Portugués: A2 e B1
  • Galego: A2 e B1
  • Chinés: A1

Prazo de matrícula: Do 4 de setembro ao 11 de novembro de 2014.

Calendario de titorías: Os cursos comezan en novembro (3 de novembro) e rematan en maio (29 de maio). Axúntanse ao final os horarios definitivos.

Avaliación: A avaliación ten lugar en dúas convocatorias por ano, unha ordinaria (maio-xuño) e outra extraordinaria. Consta dunha proba escrita e outra oral.

Axuntamos a continuación toda a información dispoñible: