Proba libre de Acreditación de Idiomas do CUID da UNED

O venres 4 de mayo de 2018 finaliza o prazo para matricularse na Proba Libre de Acreditación que avalía o nivel de competencia lingüística nunha lingua. Esta avaliación realízase mediante un exame que consta de dúas partes, unha oral (con dúas probas nas que se valoran a Comprensión Auditiva e Expresión e Interacción Oral) e outra escrita (tamén con dúas probas, Comprensión Lectora/Uso da Lingua e Expresión Escrita).
É necesario superar cada unha das catro destrezas para aprobar o exame  e, dese xeito, poder obter a acreditación nun ou varios idiomas segundo as directrices do MCERL (Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas).

Pode consultar máis información neste enlace: http://portal.uned.es/portal/page?_pageid=93,61497207,93_61500404&_dad=portal&_schema=PORTAL.