Curso “Mediación Civil, Familiar e Comunitaria”
A Mediación converteuse nunha ferramenta fundamental para a nosa sociedade xa que cada vez xoga un papel máis importante na resolución dos conflitos de forma pacífica fomentando o mutuo acordo. A raíz da entrada en vigor da Ley 5/2012, de 6 de xullo, de Mediación de Asuntos Civís e Mercantís, e a posterior aprobación do Real Decreto polo que se desenvolven determinados aspectos da Lei 5/2012, o 13 de decembro de 2013, España conta xa cunha ordenación xeral, na que se marcan os requisitos necesarios para o exercicio da profesión.
Desde UNED-Lugo presentamos o noso curso en Mediación Civil, Familiar e Comunitario, validado como formación específica e necesaria para o cumprimento dos requisitos que garanten o acceso ao Rexistro de Mediadores Estatal do Ministerio de Xustiza, incluíndo a posibilidade de acceder a especializacións de Mediación Civil, Mediación Familiar e Mediación Xeral.
Este curso, que se desenvolve desde o 18 de febreiro ata o 15 de marzo de 2019, pode realizarse de forma presencial, a través de streaming por Internet en directo o diferido. Dispón de toda a información na páxina de Extensión UNED.