A UNED de Lugo inaugurou a exposición “Instantes” de Luisa Paz e Concetta Montenegro

A UNED de Lugo inaugurou a exposición Instantes das pintoras luguesas Luisa Paz e Concetta Montenegro, que se poderá visitar no terceiro andar da UNED ata o vindeiro 31 de outubro no terceiro andar da sede da UNED en horario de 9 a 21 horas.

A obra de Luísa Paz está centrada no abstracto. Unha obra cromática, creativa e vistosa, máis sobre todo impactante. De temática diversa e con múltiples lecturas, na súa obra sempre está presente a muller e aqueles espazos de Lugo que ten gravados na memoria.

A obra de Concetta coida moito as texturas, dándolles unha especial relevancia e obrigando a traballar a todos os sentidos á hora de contemplala.

As obras foron creadas en setembro expresamente para esta exposición e en palabras da propia Concetta, mostran o calor, a alegría e a forza explosiva do verán.

Pódese ver a presentación na seguinte ligazón: https://www.youtube.com/watch?v=45pKFbYV92I