A UNED de Lugo ofrece un curso sobre intelixencia emocional e benestar animal
Neste curso aprenderemos a coñecer mellor, a comunicarnos e a relacionarnos mellor emocionalmente cos nosos animais de compañía.
Será impartido por Virginia Torrecillas Hernández, educadora canina, terapeuta canina e técnica en terapia asistida con animais.
Para poder asistir cun can ao curso nos días estipulados para iso, deberase pasar un cuestionario facilitado o primeiro día do curso e valoralo segundo o carácter do animal.
Realizarase online ou presencial dende o 3 de marzo ao 28 de abril, de 16:00 a 21:00 horas.
Máis información e matrícula: