A UNED de Lugo ofrece unha actividade para facilitar a inclusión na aula do alumnado con Trastorno do Espectro Autista
Na terceira edición deste curso, ofreceranse estratexias educativas que sirvan de apoio dentro da aula para atender ao alumnado con TEA, dando respostas ás súas necesidades desde unha perspectiva diversa e plural, facilitando con iso o complexo labor docente.
Será impartido por Mª Inés Flores Lozano, educadora social, técnico especialista en integración social, familiar, educativa e laboral (persoas con discapacidade) e presidenta Asociación Raiolas Lugo.
Realizarase online, en directo ou en diferido, do 8 ao 11 de abril, en horario de 16:00 a 19:30.
Máis información e matrícula: