Co gallo do Día de Europa, Estefanía Molina impartiu unha conferencia na UNED de Lugo

Xa dispoñible na canle de YouTube de UNED Lugo 

Estefanía Molina Morales é unha voz destacada no ámbito da política e os asuntos internacionais, recoñecida polo seu profundo coñecemento e a súa capacidade para analizar os desafíos e oportunidades que enfronta Europa na actualidade.

Na súa conferencia, a xornalista, analista política e escritora, repasou os principais acontecementos que marcaron a historia recente de Europa e ofreceunos unha visión clara e fundamentada sobre os retos que afronta o continente nun mundo cada vez máis interconectado e cambiante.