Mª Ángeles Novo impartirá unha conferencia na UNED de Lugo sobre nutrición

Na conferencia “Coido o que como”, a nutricionista daranos unhas pinceladas básicas sobre que é unha alimentación equilibrada e saudable, así como proporcionaranos coñecementos de nutrición que se poden aplicar na vida diaria.

Ademais, nesta conferencia trataranse cuestións actuais da nutrición e da alimentación, dando unha visión realista e baseada na ciencia para que os asistentes aprendan a ser críticos coa información que reciben acerca de diversos temas de nutrición e alimentación polas diferentes canles de comunicación (TV, internet, publicidade…), tales como a suplementación nutricional, o mundo das dietas, o xaxún intermitente, etc. 

Será impartida por Mª Ángeles Novo Martínez, nutricionista, máster en Nutrición Clínica, coach nutricional, acompañada pola directora do centro, Ana Belén Traseira Pena.

Realizarase presencial ou online o vindeiro xoves, 26 de xaneiro, de 18:30 a 19:30 horas. 

Máis información e matrícula:

https://extension.uned.es/actividad/28522&codigo=CDMDL