Mañá martes impártese na UNED de Lugo unha conferencia sobre como previr a adicción ás tecnoloxías

Denís Fernández Valcárcel, psicólogo deportivo, tratará a problemática da adicción ao TIC, neste relatorio que forma parte do Proxecto #UNEDLife.

A adicción ás TIC é unha adicción comportamental, que consiste en sentir a necesidade de ter que estar con algún aparello electrónico e ter unha dependencia do seu uso. É un trastorno da conduta que adoita afectar máis a persoas novas, aínda que calquera pode ser adicto ás novas tecnoloxías. Internet, as redes sociais e os videoxogos son os principais causantes desta adicción.

Será impartida por Denís Fernández Valcárcel, psicólogo deportivo, acompañado pola directora do centro, Ana Belén Traseira Pena.

Realizarase online ou presencial, mañá martes, 22 de novembro, de 18:30 a 19:30 horas. 

Máis información e matrícula:

https://extension.uned.es/actividad/28525&codigo=CCLQC