Mañá terá lugar na UNED de Lugo o segundo encontro de LUGOPOÉTICA 2024

Lois Pérez Díaz e Daniel Irimia serán poeta consagrado e poeta novo no segundo encontro destas xornadas dedicadas á poesía da terra.

Nestas xornadas, o coordinador presentará ao poeta consagrado, que lerá e comentará o seu poema máis significativo. Posteriormente presentará ao novo poeta con igual tratamento, e a continuación suscitará o diálogo entre poetas, con lectura e comentario da poesía do poeta novo. Rematará cun xuízo breve do especialista en poesía galega da UNED, que resumirá a experiencia do día.

Lugopoética nace con vocación de continuidade, pretendendo medrar no futuro con similares encontros que reflictan a riqueza e potencial da creación poética nas terras lucenses.

Realizarase online e presencial, do 29 de febreiro ao 6 de xuño de 18:30 a 20:30 horas.

Máis información e matrícula:

https://extension.uned.es/actividad/35189&codigo=LUGOP