Yayo Herrero López dará unha conferencia na UNED de Lugo sobre o Cambio Climático

Na súa conferencia “Afrontar o cambio climático: mirar o futuro con esperanza” a antropóloga, enxeñeira, profesora e activista ecofeminista española, Yayo Ferreiro López, tratará de dar resposta a cuestións fundamentais como: comprendemos ben que é o cambio climático?, como se produciu?, sabemos como afecta ós bosques, á auga ou aos animais?, como nos afecta ás persoas? E, sobre todo, sabemos que podemos facer para afrontar o problema?

Poderase asistir de maneira presencial ou online, en directo ou en diferido, o 6 de xullo, en horario de 19:30 a 21:30.

Dispón de toda a información e o acceso á matrícula ( de balde previo rexistro online) na páxina de Extensión UNED.

#UNEDLugoNaturalMente