Aberto o prazo de admisión e preinscrición para novos estudantes de Másteres Oficiais para el curso 2018/2019
A UNED abriu o seu prazo de admisión e preinscrición para os seus 76 Másteres Oficiais. Os estudantes de novo ingreso poderán solicitar o seu acceso en convocatoria ordinaria ata o próximo 10 de xullo ou ata o 19 de xuño no caso do Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria e o Máster Universitario en Formación do Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Do 3 ao 10 de setembro abrirase unha nova convocatoria extraordinaria para solicitar a admisión naqueles másteres nos que aínda sexa posible. En calquera caso, a matrícula formalizarase do 5 de xullo ao 23 de outubro deste ano. Tanto o proceso de admisión como o de matrícula realizaranse de forma on- line.
Os estudantes antigos de máster realizarán a súa preinscrición do 10 de setembro ao 1 de outubro, excepto os matriculados no Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria, que o farán do 3 ao 10 de setembro. Unha vez admitidos, poderán matricularse ata o 23 de outubro.