Apertura do prazo de matrícula para o acceso á Universidade de maiores de 40 anos
O prazo de matrícula para o procedemento de acceso á Universidade de maiores de 40 anos para o curso académico 2016/17 será do 15 de marzo ao 5 de abril de 2017
As persoas que cumpran ou teñan cumprido 40 anos antes do 31 de decembro do ano en curso da convocatoria e acrediten unha determinada experiencia profesional ou laboral poderán acceder a cursar un Grao na UNED relacionado con esa experiencia previa, sempre que non conten xa cun título que lles dea acceso á Universidade (PAU-selectividade, diplomatura, licenciatura, título de FP de técnico superior etc.).
Os interesados deben cumprir, por tanto, 3 REQUISITOS:
- Ter cumprido 40 anos antes do 31 de decembro do ano en curso da convocatoria.
- Non ter obtido outra vía de acceso á universidade (PAU-Selectividade, PAU-acceso para maiores de 25 e 45 anos, título de Técnico Superior en Formación Profesional ou equivalente ou outros títulos que dean acceso).
- Acreditar experiencia laboral ou profesional relacionada co Grao ao que se pretende acceder.
Segundo acordo dos órganos da Universidade, esixirase un mínimo de 10 anos de experiencia laboral ou profesional para poder acceder a cursar un grao na UNED.
Máis información: http://portal.uned.es/portal/page?_pageid=93,24359927&_dad=portal&_schema=PORTAL