A UNED de Lugo e a asociación “Al Alimón” colaboran nunha iniciativa de libros solidarios

A UNED Lugo e a asociación Al  Alimón colaboran para poñer a educación ao alcance de mulleres e menores de países en vías de desenvolvemento. Podes colaborar connosco entregando antes do 12 de setembro os teus donativos na biblioteca. Estarás a transformar os teus libros en oportunidades educativas.

Necesitamos todo tipo de libros en bo estado, tamén libros de texto,  escolares dos últimos tres anos, tamén CD e DVD. Será o “Espacio Al Alimón” o encargado de xestionar os fondos recadados para apoiar a educación e formación de mulleres e menores que o necesitan en España e países en vías de desenvolvemento.

A educación é clave no desenvolvemento!

Dispón de máis  información en  https://espacioalalimon.org/