Sara Folgueira e Santi Almuíña en “Sabores Saudables”
No Restaurante Mesón Colón, en Nadela, Lugo, estreouse o terceiro episodio “Sabores Saudables” co chef Santi Almuiña e con Sara Folgueira, xogadora do Club Voleibol Emevé. Xuntos cociñaron unha “Pescada en semisalazón con tomate recheo de verduras asadas”.
A iniciativa audiovisual da #UNEDLugo reúne a referentes do deporte e a cociña lucense na promoción da alimentación saudable e o produto de tempada quilómetro cero.
O programa #SaboreSaudables no marco da iniciativa #UNEDLife ten como obxectivo acompañar a deportistas profesionais de clubs lucenses para coñecer as súas rutinas nutricionais e retalos a cociñar da man de parte dos mellores chefs da provincia.