ADEGA Lugo, Coidemos Lugo e a UNED únense un ano máis para a XV Limpeza simultánea de ríos

Grazas á colaboración de 64 entidades, o pasado ano estimamos que se retiraron máis 16 Tn. de lixo de orixe diverso e participaron un total de 891 voluntarias/os de 49 concellos en toda Galicia.
A limpeza este ano será o vindeiro domingo 25 de setembro. Mobilizará a numerosos voluntarios e voluntarias, que se desprazarán aos ríos para deixalos libres de lixo, nunha xornada de voluntariado ambiental e concienciación social.
En Lugo, coordinan a actividade ADEGA-Lugo e a UNED en treitos do río Rato e parque do río Miño. As persoas interesadas en participar poden inscribirse chamando ao 982240299 ou escribindo un correo electrónico a adegalugo@adega.gal
Voluntariado Ambiental:
O Proxecto Ríos é un programa de Educación e Voluntariado Ambiental que ten a finalidade de dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas, así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación.
Máis información e matrícula nesta ligazón: