Manuel Rivero presenta a súa biografía sobre Aurora Sampedro este xoves na UNED de Lugo

Aberto o prazo de matrícula.
O escritor e licenciado en catro disciplinas académicas pola UNED, Manuel Rivero Pérez, fará un repaso sobre a vida da científica mariñá na presentación do seu libro “Universo Aurora Sampedro Piñeiro”.
Manuel Rivero Pérez é Licenciado en Psicoloxía (UNED), Licenciado en Socioloxía (UNED), Licenciado en Antropoloxía (UNED), Licenciado en Ciencias Políticas (UNED), Graduado Social (Universidade de Santiago), Doutorando en Humanidades (Universidade da Coruña), Experto Socio-laboral (UNED), Máster en Recursos Humanos e Dereito Laboral (CEREM), European Financial Advisor (Instituto de Estudios Financieros) e Coach, certificado por ICC (International Coaching Community). Completou a súa formación académica en finanzas, economía, management e recursos humanos no Instituto de Estudos Financeiros, Instituto de Empresa e IESE.
Autor dos libros: “De Roncesvalles a Compostela; un recorrido por valores, habilidades, recursos y actitudes”. Texto traducido ao galego co título, “De Roncesvales a Compostela: Un percurso por: valores, habilidades, recursos e atitudes”; “Las claves del autodesarrollo, del desempeño eficaz y del liderazgo; “El ilímite del potencial humano”, en colaboración con Iago Santalla; “A maldición do encoro”, en imprenta “Eugenio Montes o intelectual silenciado”. As súas investigacións sobre liderado, mentoring, coaching, programación neurolingüística, etnografía e parentesco, están publicadas en prensa e en medios especializados. A Limia, a Maragatería e o Castro Laboreiro, son as comarcas que desde o ano 1982, centran os seus traballos de investigación. Desenvolveu a súa carreira profesional, na Administración Pública (funcionario de Correos), nas empresa públicas (Caixa Postal e Argentaria) e na empresa privada (grupo BBVA).
Poderase asistir de forma presencial ou online, en directo ou en diferido, o 24 de outubro, ás 19:00 horas.
Máis información e matrícula en: