A UNED de Lugo móllase polos ríos. “XVI Limpeza Simultánea de ríos”
Despois do éxito das xornadas de limpeza simultánea organizadas ao longo dos anos, este 2023 ADEGA Lugo, Coidemos Lugo e a UNED de Lugo únense de novo para levar a cabo a “XVI Limpeza Simultánea de Ríos”.
Trátase dunha actividade de voluntariado ambiental que terá lugar o domingo 24 de setembro na zona do río Miño situada ao carón da UNED. Durante a xornada, dunha duración aproximada de 3 horas, limparemos os residuos atopados na zona contribuíndo á súa conservación.
O punto de encontro para a realización da actividade será na entrada do edificio da UNED de Lugo ás 11h. O aparcadoiro do centro estará aberto para aquelas persoas que precisen deixar o seu coche.