A UNED de Lugo imparte unha Conferencia Sobre a Emerxencia Climática no IES Muralla Romana

Este mércores 17 de abril a UNED de Lugo achegouse ata o IES Muralla Romana para impartir unha conferencia sobre a actual Crise Climática ao alumando de 4º da ESO e 1º de Bacharelato.

A iniciativa, recollida baixo o nome de “Alfabetización Climática. Educación para o Desenvolvemento Sostible”, está amparada dentro de #LugoNaturalmente, un proxecto de divulgación ambiental do programa UNEDFutura da Universidade. Esta xorde como resposta ante a crecente necesidade de iniciar un proceso de alfabetización climática da sociedade lucense.

A conferencia foi impartida por Ana Traseira, directora da UNED Lugo, e por Paula Moure, bióloga ambiental do Centro. Nela fixeron un repaso histórico sobre o cambio climático dende a súa orixe, seguindo polas súas causas e consecuencias.

Ao rematar a conferencia, os 30 estudantes tiveron a oportunidade de participar nun xogo interactivo onde, por grupos, foron respondendo unha serie de preguntas formuladas polas relatoras. Isto permitiulles resolver dúbidas, afianzar conceptos e recibir uns agasallos de parte da UNED de Lugo. Ademais, tiveron a oportunidade de recibir dous agasallos por parte da universidade feitos a partir de materiais reciclados, un marcapáxinas prantable e un lapis feito de papel de xornal.

Con esta serán un total de doce relatorios os impartidos no nome de esta iniciativa que contribúen á creación dunha cultura científica e ambiental nas persoas da cidade de Lugo.