Inicio do curso 2017/2018

Desde o Centro Asociado da Uned de Lugo dámoslle a benvida ao curso académico 2017/2018 que dará comezo o luns 16 de outubro no Centro Asociado da Uned de Lugo, sito xa en Tolda de Castela nº4b, e nas Aulas Universitarias de Foz, Monforte e Viveiro.

Os horarios de titoría deste curso 2017/2018, tanto de titulacións de Grao, como do Curso de Acceso a maiores de 25/45 anos, están á súa disposición na páxina web da Uned de Lugo www.lugo.uned.es. Pode acceder a eles a través de Akademos Web, se xa está matriculado, ou a través do acceso en aberto aos horarios.

Os alumnos, especialmente os que se matriculen por primeira vez, poden asistir os días 10 ou 11 de outubro ás Xornadas de Acolleita que terán lugar na Aula de Informática do centro.

Todas as novidades que se produzan na Uned pódeas consultar a través dos nosos perfís en redes sociais (Facebook, Twitter e Instagram), e do sistema de comunicación a través de, Telegram, para que o alumno reciba todas as comunicacións en tempo real na súa smartphone ou Pc.

Seguimos ademais coas propostas formativas de CUID (Centro Universitario de Idiomas a Distancia), cos seguintes idiomas e niveis:

  • Inglés: A1, A2, B1, B2 e C1
  • Alemán: A1,A2 e B1
  • Portugués: A2 e B1
  • Galego: A2 e B1
  • Chinés: A1

Tamén comeza o programa formativo da UNED Sénior, dirixido este a persoas maiores de 55 anos, en Lugo capital e en diferentes localidades da provincia de Lugo: Foz, Monforte e Sarria.

En Extensión Uned atopará toda a oferta formativa que, ao longo do curso académico, se irá realizando no Centro Asociado e as súas Aulas.

A nosa intención é que o servizo académico que ofrecemos sexa do seu agrado por este motivo na secretaría do Centro temos á súa disposición unha caixa de correos de suxestións ao que poderá enviar calquera petición ou reclamación que vostede considere oportuna.

Como sempre, estamos tamén á súa disposición por teléfono chamando ao 982280202, ou a través do correo electrónico info@lugo.uned.es.