A UNED de Lugo celebra o Día Internacional contra a Crise Climática e o Día das Bibliotecas con actividades para a cidadanía

A UNED de Lugo celebra o Día Internacional contra a Crise Climática e o Día das Bibliotecas, reafirmando o seu compromiso coa sustentabilidade e a educación ambiental a través do proxecto #LugoNaturalMente. Este ano, aproveitando a coincidencia destas dúas efemérides, organizouse unha serie de actividades dirixidas a concienciar sobre a urxencia de enfrontar a crise climática, ao tempo que se promove a lectura como unha ferramenta clave para inspirar o cambio.

Inicio das actividades coa Conferencia de Alfabetización Climática
As actividades comezaron o 23 de outubro cunha conferencia de alfabetización climática, impartida polo equipo de #LugoNaturalMente a estudantes do Bacharelato STEMBach do IES Lucus Augusti. Nesta charla abordáronse os desafíos da crise climática e a importancia da educación para fomentar unha conciencia ambiental activa nas novas xeracións.

NaturalMente: Un Club de Lectura para a Natureza e a Reflexión Ambiental
Como parte das celebracións, a Biblioteca da UNED de Lugo lanza o club de lectura NaturalMente, un espazo onde literatura e natureza se entrelazan para reflexionar sobre o impacto humano no medio ambiente. Este club, aberto ao público, invita á cidadanía a explorar obras literarias que abordan a conservación e a sustentabilidade, creando un diálogo enriquecedor entre os participantes.

Actividades do 28 de outubro: Conferencia e Feira de Ciencia
IMPORTANTE: A conferencia e a feira científica celebraranse o luns 28 de outubro.

A primeira actividade será unha conferencia a cargo do ambientólogo e oceanógrafo Diego Ferraz (@Ecodiuko), titulada “Crisis Climática e Redes Sociais: Entre a urxencia, a indiferencia e o negacionismo”. Ferraz, membro da Fundación Renovables, abordará como a desinformación e a saturación de contidos nas redes sociais afectan a percepción pública da crise climática.

A segunda actividade será unha feira científica organizada polos estudantes de STEM do IES Ollos Grandes, dirixida ao alumnado de 5º de Primaria do CEIP Anexa. Neste taller, os mozos científicos presentarán proxectos sobre a crise climática, buscando inspirar aos seus compañeiros máis novos a tomar acción polo medio ambiente.

Con estas actividades, a UNED de Lugo demostra o seu compromiso coa educación ambiental e o fomento dun futuro máis sostible, unindo á comunidade a través da literatura e da ciencia.

Para máis información sobre o club de lectura NaturalMente e o resto de actividades, visita a web da UNED de Lugo: www.lugo.uned.es.