Coñece a metodoloxía de aprendizaxe propia da UNED neste curso de UNED Lugo

Aberto o prazo de matrícula.
O COIE (Centro de Orientación e Emprego), en colaboración co Centro Asociado da UNED de Lugo, organiza o curso de Extensión Universitaria “Técnicas de Estudio Autorregulado 24/25”. Unha actividade que contribúe a que os alumnos coñezan as características e esixencias do modelo educativo da UNED, á vez que lles permite iniciarse nas técnicas que axudan a mellorar e rendibilizar o estudo. Pretende ser un apoio inicial, en especial, aos novos estudantes que lles permita abordar con éxito os seus estudos universitarios a distancia. Ten como obxectivo familiarizar ao alumno coa metodoloxía propia da UNED.
Este curso será impartido por Miguel Guerra Rodríguez licenciado en Psicoloxía e titor en UNED Lugo e en UNED Ourense.
Realizarase en liña en directo ou en diferido os días 28 ao 29 de outubro en horario de 16:00 a 21:00 horas.
Máis información e matrícula en: