Concurso fotográfico “O Libro da túa Vida”. Resultado do concurso

UNED cumpre 50 anos nos que temos desenvolto o noso modelo educativo para promover a xustiza social para non deixar a ninguén atrás, tal e como promove a Axenda 2030. Para celebralo queremos que nos etiquetes nunha fotografía inspirada en “O libro da túa vida”, aquel que te marcou, que che serviu de inspiración, de vía de escape, de compaña…
Cada participante poderá presentar unha fotografía mediante a publicación no seu perfil de Instagram, etiquetando a @unedlugo e co cancelo #diadellibroUNED50.
O prazo para subir as vosas fotos comeza o día 18 de abril e finaliza o 23 de abril, coincidindo coa data da efeméride. O luns 25 de abril coñecerase o nome do ganador.
A persoa gañadora recibirá como agasallo un Ecopack valorado en 50 euros.

Resultado do concurso

Axuntamos a continuación a foto gañadora, as fotos  particpantes e as actas do resultado del concurso.

Fotografía gañadora

Fotos participantes

Acta do concurso:

ACTA XURADO GLG – Concurso Día do Libro 2022.pdf