A próxima semana comeza na UNED de Lugo unha actividade sobre Dereito Mercantil e Civil, que reunirá a destacados académicos e maxistrados

O curso Cuestións actuais de Dereito Mercantil, Civil e Procesual Civil: Visión Práctica, propón a todas aquelas persoas interesadas achegarse ás principais novidades e cuestións de actualidade no Dereito Mercantil, Civil e Procesual Civil.

A actividade contará con maxistrados e fiscais de renome, estando presentes: Prof. Dr. Carlos Lema Devesa, catedrático Dereito Mercantil UCM; D. Román García-Varela Iglesias, letrado da Administración de Xustiza; Prof. Dr. Manuel José Vázquez Pena, profesor titular de Dereito Mercantil UDC e profesor-titor UNED Lugo; Dr. José Antonio Varela Agrelo, maxistrado Sala do Civil e Penal Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; Dr. Adriano Jacinto Alfonso Rodríguez, xuíz substituto e profesor-titor UNED Lugo; Dra. Ángela Galván Gallegos, maxistrada, profesora ordinaria da Escola Xudicial e profesora-titora con Venia Docendi UNED Lugo;  D. José Luís Deaño Rodríguez, maxistrado e Dra. María Fátima Yañez Vivero, catedrática de Dereito Civil UNED.

Realizarase online ou presencial, en directo ou en diferido, do 25 ao 28 de abril.

Máis información e matrícula en:

https://extension.uned.es/actividad/26802&codigo=CADDM