Xornada de Acollida na UNED de Lugo

O COIE (Centro de Orientación e Emprego) da UNED en Lugo, en colaboración co Centro Asociado á UNED en Lugo, organiza a XORNADA DE ACOLLIDA dirixida a todos/as o/as estudantes da UNED, especialmente a aqueles/as que se matricularon por primeira vez.

Nesta xornada tratarase de familiarizar ao estudante co campus virtual e coa plataforma aLF, así como de darlle a coñecer todos os recursos educativos da UNED.

Celebrarase o día 30 de setembro no Salón de Actos do centro, en horario de 17:00 a 19:00 horas. Tamén se emitirá por streaming, en directo e en diferido.

Os/as estudantes interesados/as poden matricularse aquí.

 

#UNEDLugoNaturalMente