O reitor da UNED, o seu equipo de Goberno e os directores dos Centros Asociados da Universidade Nacional de Educación a Distancia reúnense en Sevilla

Trátase dunha cita clásica anual que supón o primeiro encontro presencial desde setembro de 2019 e que ten como obxectivo principal abordar os desafíos da UNED para o próximo curso. Estas xornadas servirán ademais para avanzar na programación e deseño dos actos do 50 aniversario da UNED que terán lugar o próximo ano.

A directora do Centro Asociado de Lugo, Ana Belén Traseira, trasladou a súa satisfacción ao reitor polo excelente momento que vive a Universidade e asegurou ademais que a UNED foi posta a proba nunha complicada conxuntura sanitaria e que a resposta foi óptima. Manifestou o seu orgullo por traballar neste proxecto educativo.